Ola, o meu nome é Adrián Ramos e son tradutor profesional.

Adrián Ramos (Burela, 1990). Vivo en A Coruña e adícome profesionalmente á tradución. Estudei o grao de Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Marchei a Bruxelas durante un ano para continuar os meus estudos e máis tarde a Porto para comezar a miña carreira profesional.

Especialiceime en tradución audiovisual e en tradución gastronómica. Ademais, as miñas linguas de traballo son o inglés, portugués, español e galego. Comezando a miña carreira como tradutor profesional no 2018, ofrezo un servizo con honestidade, responsabilidade e profesionalismo.

 

SERVIZOS.

Tradución

Sempre me aseguro de que a súa mensaxe chegue e se entenda da forma correcta. Intento realizar a tradución perfecta e sen erros, utilizando os termos axeitados e transmitindo a mensaxe coas palabras idóneas.

Ofrezo calidade en tradución literaria, gastronómica, audiovisual e de contido deportivo.

Corrección

Axudo a entregar a súa mensaxe, texto ou contido do mellor xeito posible. Reviso tantas veces como sexa necesario para así transmitir a mensaxe sen erros.

Subtítulos

Encárgome de realizar os subtítulos e a sincronización para os seus vídeos, películas, documentais ou series utilizando as ferramentas axeitadas. Deste xeito, o seu contido poderase visualizar dunha maneira máis eficiente.

 

CONTACTo

Tel: +34 600 333 142

adriantramos@gmail.com

  • Instagram - Negro Círculo
  • Twitter - Círculo Negro
  • LinkedIn - Círculo Negro